DÍA DA NENA MARIA
O día 21 de novembro celébrase o día da Nena María en todos os colexios da Compañía de María. Este ano, no noso colexio celebramos esta festa o día 18 de novembro.
Os nenos e nenas do colexio estiveran facendo un traballo de reflexión uns días antes sobre o obxectivo de curso Xuntando enerxías, construimos futuro . Na Eucaristía, construiron un puzle coas malas noticias que aparecían no xornal e con elas acompañaron as súas peticións de perdón; no momento do Ofertorio cubrirían ese puzle con outras pezas coloreadas para formar unha imaxe positiva, a imaxe dun mundo coidado e protexido. As familias e os traballadores do centro tamén presentaron na as súas reflexións.
Despois do tempo de recreo, alumnado e profesorado seguiron a disfrutar dun día de festa:
Os máis pequenos asistiron á proxección dunha película, tiveron a visita de Pupi (a mascota dos libros de texto) e conseguiron un pequeño agasallo nas piñatas.
Os de 2º e 3º ciclo de primaria, celebraron Mundovisión, toda unha mostra de talento: actuacións varias, con votacións incluidas, duns verdadeiros artistas.
Os de ESO, participaron en distintos obradoiros: decoración de castañas, plastilina, decoración de pizarras, tatuaxes, pulseiras, habilidades……e , despois do xantar, unha sesión de baile.
Un día agradable de convivencia entre alumnado e profesorado .
PONTE NO MEU LUGAR
Os días 14 e 21 de outubro do 2011 entre as 10:00h e as 13:20h, aos nen@s de 6ºA e 6ºB presentáronlle o programa “Ponte no meu lugar” dirixido por dous monitores de ASPANEPS e cinco menbros da asociación.
Primeiro, recibiron unha explicación na que se falaba sobre a asociación e as actividades que ían facer nestas sesión. Transformaron aos titores do curso en persoas maiores, tratando de que adoitaran a identidade dunha persoa de 80 anos. Puxeron uns pesos nos pes, nas mans, unas luvas que inmobilizaban os dedos, unha táboa ríxida na espalda, unas gafas que limitaban a visión e uns tapóns nos oídos que non permitían unha perfecta audición.
Unha vez provistos desta indumentaria tiveron que facer un percorrido polo centro, realizando difirentes actividades da vida cotiá, entre as que se atopaban, escritura no taboleiro, subir e baixar as escaleiras, poñer unha chaqueta ou beber un vaso de auga.
Desta forma fixeron reflexionar sobre os impedimentos que teñen os nosos maiores, axudándonos a ver con normalidade os seus impedimentos para realizar actividades que para nós son sinxelas e que para os maiores resultan tarefas complexas.
Os rapaces foron divididos en dous grupos onde uns experimentaron as limitacións físicas dunha persoa que se desplaza en cadeira de rodas, mentres que o outro grupo meteuse na pel dunha persoa invidente. Tiveron que facer un percorrido polo centro visitando os lugares mais habituais para eles (clase, patio , ximnasio,…), así puideron percatarse das dificultades que atoparían ou atopa unha persoa con estas limitacións.
Despois do recreo o alumnado realizou a segunda parte desta experiencia, esta vez na aula, onde recibiron unha charla informativa na que se valoraron as problemáticas que atopa unha persoa discapacitada no seu día a día. Os rapaces tiveron que atopar nun debuxo aquelas cousas que lles impedirían desplazarse con normalidade pola cidade, tendo como tarefa final, escribir unha valoración desta experiencia e dos coñecementos acadados nestas sesións.
Finalmente, foron agasallados cunha chapa e cunha libreta feitas a man polos membros da asociación, amosando o resultado dos aprendizaxes que adquiren os rapaces desta asociación nos diferentes obradoiros.
Valorar como positiva esta experiencia, pola importancia que ten a labor realizada por este agrupamento, pola súa cercanía cos rapaces, a súa naturalidade e as múltiples iniciativas que lles propoñen aos rapaces.
