escudo

Colexio Sta. Juana de Lestonnac

Compañía de María
portada
 
     
 

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

PRESENTACIÓN DO CENTRO
O colexio Santa Juana de Lestonnac da institución relixiosa Compañía de María, atópase no Barrio de Caranza da cidade de Ferrol.
Comenza a funcionar no curso 1961-1962 nos baixos das vivendas da antiga E.N. BAZAN, para dar reposta educativa ás fillas dos traballadores de dita empresa. A principios dos anos 70 constrúese o polígono de Caranza, e tamén o edificio actual do colexio, que funciona dende o curso 1973-1974.

É un centro concertado nos niveis de educación infantil 3, 4 y 5 años (6 aulas), primaria (12 aulas), Secundaria obrigatoria (8 aulas) e Educación Especial (2 aulas).

     
   

COMO O FACEMOS ?

  •  Relación que acompaña, integra, fai medrar
  • Acolle a diversidade e responde a cada persoa na súa orixinalidade
  • Favorece a comunicación e o diálogo
  • Potencia a autoestima, o crecemento do positivo e a integración no grupo.
  • Posibilita a cada un/unha dar sentido á súa vida a través do encontro consigo mesmo/a cos outros/as e co Deus de Xesús.
  • Fai do educador testemuña comprometida e compañeiro de crecemento persoal do alumno/a
  • Crea marcos de referencia desde o que orientar o comportamento en resposabilidades e respecto.
  • Axuda a crear conviccións desde as que a persoa actúe respectando aos demais.

 

  • Educar na vida e para a vida
  • Coñecendo o contexto e analizándoo para dar resposta.
  • A través dunha metodoloxía acción-reflexión-mellora na que teoría e práctica se harmonizan.De xeito que se goce aprendendoPara que cada alumno/a desenvolva as súas capacidades e se sitúe activamente na vida.
  • No compromiso solidario para a transformación das estructuras inxustas.

 

  • Formar cabezas ben feitas

Permitir ao alumno/a:

  • Ser suxeito da súa propia educación.
  • Poder percorrer os camiños do saber de forma autónoma.
  • Aprender a desaprender en cada novo contexto.
  • Facer da resolución de conflictos motivo de novas aprendizaxes e que o comportamento sexa reflexo do desenrolo persoal e cultural.
  • Construir unha visión global dos feitos e facelos seus con sentido crítico.

 

  • Educar en comunidade dende un proxecto común

A través de:

  • Unha escola comunicativa que dá canle ás iniciativas e inquedanzas de tódolos seus membros, onde todos/as se senten implicados desde a complementaridade, a corresponsabilidade e o traballo en equipo.
  • A coherencia entre os pincipios e valores do Procecto e a vida da comunidade.
  • Unha organización flexible que se adapta á novidade da vida en crecemento.
  • A avaliación continua e conxunta de todo o proceso educativo.

 

ENLACES

Sta. Juana de Lestonnac - Rúa Nai Lestonnac s/n Ferrol (Caranza) 15406

tlf: 981 31 14 49 - fax: 981 31 14 44