| |
O CORECHO
O Corecho xurde alá polo ano 1995 no obradoiro de guitarra e coro do colexio, dirixido polos profesores do centro Salvador Fernández, Celsa Sabín e Marta Rodríguez e integrado por alumn@s dende os 8 ata os 15 anos.
Comezou sendo unha actividade extraescolar máis, pero pouco a pouco comezou a participar en actividades internas (festivais de Nadal, Día das Letras Galegas, Día da Paz, festas de Sta Xoana) como de fóra do colexio: Certames Escolares de Panxoliñas do Concello de Ferrol, Festival de Nadal da AAVV de Sta mariña do Vilar, Certame "O Barrio na Escola" da AAVV de Caranza, Día do Libro na Residencia de Maiores de Caranza, IV Xogos Florais da AAVV de Caranza e no Xeriátrico de Laraxe.
No día das Pepitas o Corecho convértese en Rondalla por un día e se cantan valses, danzas e pasarrúas ferrolás.

|
|