escudo

Colexio

Sta. Juana de Lestonnac

Compañía de María

 

portada actividades servicios fotogaleria contacta
 
   
 

Do 20 ao 26 de Novembro, 24 alumnos e alumnas de 6º de Primaria do colexio participaron no Programa de Immersión Lingüística de Outono, The world around us speaks English, convocado polo Ministerio de Educación e a Xunta de Galicia.

Os alumnos/as viaxaron a Guadarrama (Madrid) acompañados polas profesoras Silvia e Ana e alí compartiron clases e actividades con un grupo de nenos/nenas de Mallorca.

Non se trataba só de pasar uns días nun campamento ordinario senón que tanto os rapaces como as profesoras tiñan a obriga de expresarse en inglés todo o tempo. Pola mañá asistían a clases de inglés cos profesores nativos, e polas tarde combinábanse as clases de inglés , os xogos, as clases coas súas profesoras , manualidades cos monitores, etc e remataban o día cunha actividade nocturna despois da cena:busca do tesouro,rolda de preguntas , karaoke,etc…

Dende o colexio agradecemos aos organizadores do campamento a atención prestada aos rapaces e rapazas así como ás profesoras Silvia e Ana pola súa disposición e xenerosidade co seu tempo. Tamén queremos felicitar ás nenas e nenos polo seu comportamento e o seu esforzo por aprender.

.Podedes ver algunhas imaxes desa saída facendo clic aquí:

 

 
   
 
ENLACES
 
   
 
 
Intranet Correo electrónico Intranet   Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega Consellería de Educación Facebook ex-alumn@s Compañía de María FISC Grupos Lestonnac Galicia
 
   
 

Sta. Juana de Lestonnac - Rúa Nai Lestonnac s/n Ferrol (Caranza) 15406

 

tlf: 981 31 14 49 - fax: 981 31 14 44