| |
PRESENTACIÓN DO CENTRO
O colexio Santa Juana de Lestonnac da institución relixiosa Compañía de María, atópase no Barrio de Caranza da cidade de Ferrol.
Comenza a funcionar no curso 1961-1962 nos baixos das vivendas da antiga E.N. BAZAN, para dar reposta educativa ás fillas dos traballadores de dita empresa. A principios dos anos 70 constrúese o polígono de Caranza, e tamén o edificio actual do colexio, que funciona dende o curso 1973-1974.
É un centro concertado nos niveis de educación infantil 3, 4 y 5 años (6 aulas), primaria (12 aulas), Secundaria obrigatoria (8 aulas) e Educación Especial (2 aulas).

QUEN SOMOS ?
O proxecto educativo Compañía de María conta cunha longa tradición de catro séculos. Ten como protagonista unha muller: Xoana de Lestonnac nacida en Burdeos en 1556. O seu segundo apelido, Eyquem de Montaigne, sitúanola como sobriña de Michel de Montaigne, humanista francés, autor dos Ensaios. Casa con Gastón de Montferrand e é nai de sete fillos.
Ós seus 47 anos, xa viúva, retírase ao mosteiro cisterciense das Feuillantines de Toulouse. Alí, nunha noite, sumida na angustia, na dúbida e na frustración, de sentir errado o seu camiño, sente con forza a chamada a "tender a man" a tanta xente que sofre nos "infernos" do seu tempo.
Despois duns anos de maduración interior e diferentes contactos na busca do querer de Deus, en 1607 nace a Compañía de María, Orde relixiosa dedicada á educación das mulleres. Unha iniciativa que, naquel tempo, comporta unha forte innovación. Na actualidade realiza a súa misión en tódalas partes do mundo.

O proxecto educativo Compañía de María, está cimentado nunha visión cristiá da vida: ten na persoa de Xesús o seu principio inspirador. A súa coherencia interna está animada por uns dinamismos que, na súa interacción e complementariedade, dan a este proxecto o seu propio rostro e a súa orixinalidade.
Acolle a novidade do Espírio que actúa na vida e en cada persoa. Detectar a súa chamada, sabela ler, facela medrar e avanzar con ela comporta un camiño educativo sempre aberto cara adiante.
Ten no centro á persoa única e irrepetible, orixinal na súa singularidade, con identidade e nome propios, filla de Deus e chamada a vivir como irmá entre tódolos seres humanos.

- Acolle a diversidade e responde a cada persoa na súa orixinalidade
- Favorece a comunicación e o diálogo
- Potencia a autoestima, o crecemento do positivo e a integración no grupo.
- Posibilita a cada un/unha dar sentido á súa vida a través do encontro consigo mesmo/a cos outros/as e co Deus de Xesús.
- Fai do educador testemuña comprometida e compañeiro de crecemento persoal do alumno/a
- Crea marcos de referencia desde o que orientar o comportamento en resposabilidades e respecto.
- Axuda a crear conviccións desde as que a persoa actúe respectando aos demais.
- Educar na vida e para a vida
- Coñecendo o contexto e analizándoo para dar resposta.
- A través dunha metodoloxía acción-reflexión-mellora na que teoría e práctica se harmonizan.De xeito que se goce aprendendoPara que cada alumno/a desenvolva as súas capacidades e se sitúe activamente na vida.
- No compromiso solidario para a transformación das estructuras inxustas.
- Formar cabezas ben feitas
Permitir ao alumno/a:
- Ser suxeito da súa propia educación.
- Poder percorrer os camiños do saber de forma autónoma.
- Aprender a desaprender en cada novo contexto.
- Facer da resolución de conflictos motivo de novas aprendizaxes e que o comportamento sexa reflexo do desenrolo persoal e cultural.
- Construir unha visión global dos feitos e facelos seus con sentido crítico.
- Educar en comunidade dende un proxecto común
A través de:
- Unha escola comunicativa que dá canle ás iniciativas e inquedanzas de tódolos seus membros, onde todos/as se senten implicados desde a complementaridade, a corresponsabilidade e o traballo en equipo.
- A coherencia entre os pincipios e valores do Procecto e a vida da comunidade.
- Unha organización flexible que se adapta á novidade da vida en crecemento.
- A avaliación continua e conxunta de todo o proceso educativo.
|
|