escudo

Colexio Sta. Juana de Lestonnac

Compañía de María
portada
 
     
 

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

PRESENTACIÓN DO CENTRO
O colexio Santa Juana de Lestonnac da institución relixiosa Compañía de María, atópase no Barrio de Caranza da cidade de Ferrol.
Comenza a funcionar no curso 1961-1962 nos baixos das vivendas da antiga E.N. BAZAN, para dar reposta educativa ás fillas dos traballadores de dita empresa. A principios dos anos 70 constrúese o polígono de Caranza, e tamén o edificio actual do colexio, que funciona dende o curso 1973-1974.

É un centro concertado nos niveis de educación infantil 3, 4 y 5 años (6 aulas), primaria (12 aulas), Secundaria obrigatoria (8 aulas) e Educación Especial (2 aulas).

     
   

QUE PRETENDEMOS ?

O proxecto educativo Compañía de María, está cimentado nunha visión cristiá da vida: ten na persoa de Xesús o seu principio inspirador. A súa coherencia interna está animada por uns dinamismos que, na súa interacción e complementariedade, dan a este proxecto o seu propio rostro e a súa orixinalidade.

  • Aberto á novidade

Acolle a novidade do Espírio que actúa na vida e en cada persoa. Detectar a súa chamada, sabela ler, facela medrar e avanzar con ela comporta un camiño educativo sempre aberto cara adiante.

  • Personalizado

Ten no centro á persoa única e irrepetible, orixinal na súa singularidade, con identidade e nome propios, filla de Deus e chamada a vivir como irmá entre tódolos seres humanos.

 

ENLACES

Sta. Juana de Lestonnac - Rúa Nai Lestonnac s/n Ferrol (Caranza) 15406

tlf: 981 31 14 49 - fax: 981 31 14 44