O proxecto educativo Compañía de María conta cunha longa tradición de catro séculos. Ten como protagonista unha muller: Xoana de Lestonnacnacida en Bordeos en 1556. O seu segundo apelido, Eyquem de Montaigne, sitúanola como sobriña de Michel de Montaigne, humanista francés, autor dos Ensaios. Casa con Gastón de Montferrand e é nai de sete fillos.
Ós seus 47 anos, xa viúva, retírase ao mosteiro cisterciense das Feuillantines de Toulouse. Alí, nunha noite, sumida na angustia, na dúbida e na frustración, de sentir errado o seu camiño, sente con forza a chamada a "tender a man" a tanta xente que sofre nos "infernos" do seu tempo.
Despois duns anos de maduración interior e diferentes contactos na busca do querer de Deus, en 1607 nace a Compañía de María, Orde relixiosa dedicada á educación das mulleres. Unha iniciativa que, naquel tempo, comporta unha forte innovación. Na actualidade realiza a súa misión en tódalas partes do mundo.