A Xunta de Delegados da ESO, formada polos delegados e subdelegados de todos os cursos da ESO do colexio, visitou o xoves 26 de febreiro as instalacións da Fundación Terra de Trasancos e da Cooperativa de O Val.
Fomos recibidos primeiro pola directora da Fundación Terra de Trasancos que nos amosou todas as instalacións que están dispoñibles para os socios e mesmo compartimos algún momento cos maiores que estaban nos obradoiros de costura, psicomotricidade e informática. Remarcou moito as funcións da Fundación, como servizo á disposición dos maiores, ofrecendo ademáis de obradoiros, servizos como perruquería, clínica dental e fisioterapeutas, entre outros. O carácter social de xestión de recursos para mellorar a calidade de vida dos socios, foi unha das cousas que máis impactou ao alumnado.
A continuación fomos recibidos polo xerente da Cooperativa que nos explicou as diferentes seccións da cooperativa, así como a súa historia, funcionamento e finalidade. Visitamos as instalacións do supemercado, almacén, a sección de horta, de crédito e coñecimos a sala de xuntas dos socios da cooperativa. Insistiuse moito en explicar o lema "un socio, un voto" para entender o funcionamento democrático na toma de decisións importantes, e como esas decisións sempre pretenden beneficiar ao colectivo e, en definitiva, impactar positivamente en todo o seu entorno. Podedes ver algunha foto facendo clic aquí: